PROTECCION E RECUPERACION DA BIODIVERSIDADE MARIÑA EN ARCADE PE209C 2021F 027

Enviado por Cofradia Arcade o Mar, 16/11/2021 - 09:21

O proxecto consiste na realización dunha serie de tarefas que contribúen á protección e recuperación da biodiversidade mariña no ámbito territorial da Confraría de Pescadores Virxe do Carmen de Arcade.

O obxectivo principal é a xestión responsable e sostible dos recursos e hábitats costeiros, e para acadalo é preciso realizar tarefas que, dependendo da súa natureza, deben ser efectuadas ben por un técnico especializado na xestión de recursos mariños, ben por gardapescas:

  • Seguimento dos recursos mariños vivos nas zonas de producción.
  • Formación profesional e permanente do persoal e asociados da entidade e aumento de sensibilidade ambiental.
  • Actividades de vixilancia dos bancos marisqueiros e da súa explotación.

Grazás a este proxecto se espera acadar os seguintes resultados:

  • Contar cunha avaliación do estado de conservación e biodiversidade da zona.
  • Coxestionar, xunto cos técnicos da Consellería do Mar, os recursos mariños en base á información obtiva, procurando que a explotación realizada sexa responsable e sustentable.
  • Incrementar o coñecemento da Directiva Marco de Estratexia Mariña
  • Controlar o acceso ás zonas de pesca.
  • Controlar as capturas nas zonas de pesca e puntos de desembarque.

Para financiar o proxecto a entidade recibe unha axuda do FEMP.

cartel.pdf (309.49 KB)