Enviado por
Cofradia Arcade
el
Mar, 16/11/2021 - 09:21
O proxecto consiste na realización dunha serie de tarefas que contribúen á protección e recuperación da biodiversidade mariña no ámbito territorial da Confraría de Pescadores Virxe do Carmen de Arcade.
O obxectivo principal é a xestión responsable e sostible dos recursos e hábitats costeiros, e para acadalo é preciso realizar tarefas que, dependendo da súa natureza, deben ser efectuadas ben por un técnico especializado na xestión de recursos mariños, ben por gardapescas:
- Seguimento dos recursos mariños vivos nas zonas de producción.
- Formación profesional e permanente do persoal e asociados da entidade e aumento de sensibilidade ambiental.
- Actividades de vixilancia dos bancos marisqueiros e da súa explotación.
Grazás a este proxecto se espera acadar os seguintes resultados:
- Contar cunha avaliación do estado de conservación e biodiversidade da zona.
- Coxestionar, xunto cos técnicos da Consellería do Mar, os recursos mariños en base á información obtiva, procurando que a explotación realizada sexa responsable e sustentable.
- Incrementar o coñecemento da Directiva Marco de Estratexia Mariña
- Controlar o acceso ás zonas de pesca.
- Controlar as capturas nas zonas de pesca e puntos de desembarque.
Para financiar o proxecto a entidade recibe unha axuda do FEMP.
cartel.pdf
(309.49 KB)