Noticias
Os pasados 20 e 22 de outubro os mariscadores a pé así coma os de flote Confraría procederon a sementeira de preto de 2.000.000 unidades de xuvenís de ameixa xaponesa de talla compredida entre 15-18 mm, procedentes da empresa Proameixa e financiados integramente polo Concello de Soutomaior. Mediante esta actividade se espera axudar na recuperación das poboacións deste bivalvo que foran moi afectadas polas riadas que tiveran lugar a comenzos do ano. Os bancos nos que se sementaron foron os de Estralo, no caso de marisqueo a pé, e o do Cabalo, no caso de marisqueo dende embarcación. Compre citar que neste último ademais das embarcacións de Arcade poden faenar mariscadores de toda a ría.