Proyectos

O pasado 2024 a Deputación de Pontevedra concedeulle axudas á Confraría de Pescadores de Arcade tanto para investimentos (Material para vixilancia: Radio VHF portátil para a embarcación Arcade Tres 5ª VI-5-3-23, e cámaras de vixilancia na sala das anguías) por un valor de 611,39 euros, como para gasto corrente (Gastos de persoal) por un importe de 7.683,64 euros. 

Bateria

No ano 2020 a Confraría de Arcade instalara na súa lonxa un equipo fotovoltaico para autoconsumo consistente en 46 paneis solares (proxecto ARCASOL: PE209G 2020/46). Nembargante ese proxecto non incluía un sistema de acumulación. Grazas a esa instalación fotovoltaica acadouse un aforro da enerxía consumida na lonxa de mais do 40% no pasado 2023. 

Con esta novo proxecto BATERIA COFRADIA ARCADE: PE209G 2024 00033 conseguese reducir o consumo nocturno de electricidade provinte de fonte contaminante e cambialo polo xerado pola instalación fotovoltaica ao longo de día e acumulado grazas á incorporación de baterías de autoconsumo, que acumulan a enerxía xerada durante o día e permiten empregala durante a noite. 

O obxectivo principal do proxecto era incrementar o aforro enerxético mediante a incorporación dunha batería á instalación fotovoltaica existente. E os específicos o incremento da porcentaxe de enerxía empregada pola confraría procedente de fonte renovable, e o aforro na factura eléctrica.

O coste do proxecto foi de 26.983,00 euros. Grazas á axuda recibida polo FEMPA (70%) instalouse unha Batería de litio de 32 kWh de acumulación formada por 4 baterías de litio de 600V da marca SIGENERGY modelo SIGENSTOR BAT 8 de 8kWh de capacidade.

Publicidade taboleiro

O proxecto consiste na realización dunha serie de tarefas (elaboración e seguimento dos plans de coxestión, optimización e seguimento dunha correcta xestión dos recursos mariños, análise dos descritores definidos na DMEM, cartografado dos hábitats, das especies e da actividade extractiva realizada polos socios da entidade, seguimento de indicadores de abundancia…) que teñen como finalidade mellorar a sustentabilidade na explotación dos recursos pesqueiros realizada polos socios da Confraría de Pescadores de Arcade, na procura de garantir a actividade a longo prazo con medidas de xestión de pesquerías. 

Para a realización do proxecto é preciso contar cos servizos dunha Asistencia Técnica, para o que a entidade recibe a axuda que se indica no cartel que se xunta e que procede nun 70% do FEMPA.

O mes de xuño do pasado 2023, ao abeiro da orde de axudas a confrarías de pescadores, federación de confrarías e agrupación de mariscadoras da provincia de Pontevedra, a Deputación de Pontevedra concedeulle á Confraría de Arcade unha axuda para melloras na eficiencia de iluminación e para adquisición de equipamento (impresora, guillotina, aspirador...) por un valor de 1.559,13 euros.  

 

O obxectivo principal do proxecto é acadar unha xestión responsable e sostible dos recursos e hábitats costeiros. Para poder cuantificar este obxectivo principal, establécense coma obxectivos específicos: o asesoramento técnico aos coxestores dos plans de explotación e a vixiancia e control do acceso aos recursos 

O proxecto contemplaba a realización de 3 actividades: adquisición dunha bomba de auga salgada, a adquisición dunha fregadora do chan, e a adquisición de equipos de pesada;

pero finalmente realizaronse soamente a primeira e a terceira. 

A adquisición dunha bomba de auga salgada ten coma obxetivo garantir un suministro suficiente de auga nas piscinas de estabulación das anguias. E a adquisición de equipos

de pesada facilitar tanto as operación nos puntos de control como a pesaxe na lonxa.

A acción realizada ao abeiro deste proxecto consistiu na instalación de 8 sensores de luz en distintas salas da lonxa de Arcade. O obxectivo que se perseguía era a incorporación á lonxa de sensores de luz para reducir o contacto dos usuarios cos elementos e superficies, de xeito que se evite a súa contaminación. Compre indicar que nunha xornada de traballo habitual poden pasar polo edificio da lonxa e as súas instalacións (oficinas, corredores, aseos) mais de 100 persoas, podéndose xuntar entre 30-50 persoas ao mesmo tempo. Coa instalación dos sensores de luz nas zonas comúns: corredores e aseos, se reduce a posibilidade de contaxio como consecuencia da crise sanitaria provocada pola COVID-19.

El pasado 2022 la Diputación de Pontevedra concedió una ayuda a la Cofradía de Arcade para material de vigilancia y gastos en mejoras de los servicios por valor de 27.440,21 euros.

Las inversiones realizadas se centraron en:

Vigilancia de las producciones: Construcción de la embarcación de vigilancia.

Mejora de la comercialización: Aplicativo de etiquetado.

Mejora de los servicios prestados: Adquisición de mobiliario de oficinas; Sustitución del cuadro de alimentación eléctrica; Cargador y arrancador de batería; bombas de agua salada para las piscinas de las anguilas.

A lonxa de Arcade é o edificio onde os socios da Confraría de Pescadores Virxen do Carmen de Arcade desenvolven a súa actividade comercial. Na mesma ten lugar unha parte moi importante das tarefas de comercialización dos produtos capturados polas persoas pescadoras e mariscadoras socias da entidade. Tratase dunha construción que leva construída dende hai décadas na que foi preciso realizar as operacións de mantemento que se enumeran a continuación: 

Acondicionamento das paredes, tanto interiores como exteriores: limpeza,  saneamento das gretas e dos escorchóns que se atopen, e pintado.

Mellora das carpinterías e vidros: reparando ou cambiando as portas e fiestras corredoras e saneando e pintando as rexas.    

Adaptación dos chans

Actuacións sobre a zona do portalón: tanto na rampa, que debido á elevada pendente complica as operacións a realizar co carretillo, como sobre a guía sobre a que se despraza o mesmo.

Actuacións sobre as piscinas de estabulación de anguías