O proxecto pretendía mellorar a xestión e conservación das especies explotadas, recuperando a producción nos bancos con perda de producción, evitando o abandono dos mesmos e a sobreexplotación noutras zonas. A falta de exemplares de bivalvos comerciais nos bancos citados fixo que se pasara de traballar mais de 100 xornadas no 2018 a soamente 56 no 2019; e que do mais do centenar de persoas que traballaban diariamente na mesma a finais de 2017, se pasara a cero nos últimos meses de 2019. De xeito que o obxectivo do proxecto é acadar unha mellora productiva nos bancos de Puntal (que no 2021 grazas á ameixa sementada se incremente un 5% as capturas acadadas respecto ás do 2019) e no de Area Nova Puntal Rio do Medio (que no último trimestre de 2021, por ser un banco no que se traballa habitualmente entre outubro e marzo, se incremente o número de mariscadores que traballan na mesmo respecto aos que traballaron nese trimestre no 2019). As actividades veñen de ser realizadas no mes de outubro de 2020.