O proxecto consistiu na realización de tarefas de conservación, recuperación e protección da biodiversidade no ámbito territorial, sito en Rede Natura 2000, da confraría de pescadores Virxe do Carmen de Arcade, e na realización de tarefas de sensibilización ambiental entre os seus asociados. Para levalo a cabo foi preciso contratar un técnico en xestión de recursos mariños, e os servizos de vixilancia de 3 gardapescas.
Os obxectivos principais do mesmo son a xestión responsable e sostible dos recursos e hábitats costeiros, e o fomento de sensibilización ambiental. Os resultados conseguidos, xuntase memoria final, foron a Avaliación do estado de conservación e da biodiversidade da zona, a Xestión responsable e sustentable das zonas de producción, o Fomento da sensibilización ambiental, o Incremento de coñecemento da Directiva Marco Estratexia Mariña (DMEM), o Control de acceso ás zonas de pesca, e o Control de capturas nas zonas de pesca e desembarco.