Proyectos

Ao abeiro da orde de axudas da Deputación de Pontevedra, a Confraría de Pescadores de Arcade durante o ano 2021 realizou as seguintes inversións para adquisición de equipamento de lonxa e material de vixilancia: hidrolimpiadora, boias, cadeas, flotadores e cabos para delimitación das zonas facilitando a vixilancia, un motor para a embarcación da confraría, calibre dixital e sensores de salinidade e temperatura, unha plataforma flotante, e equipamento de oficina tal como sillas, monitores de ordenador, e destuctora de papel. A inversión realizada foi de 15.865,31 euros, e a axuda concedida pola Deputación de 12.508,85. 

A Confraría de Pescadores VIrxe do Carmen de Arcade é a mais relevante en Galicia en canto á venta de anguias. A tempada de extracción comprende dende febreiro a outubro, e antes da sua posta en venta a anguia permanece estabulada unhas horas ou quizas un par de xornadas nunhas piscinas que se atopan na lonxa de Arcade. A temperatura da auga nas mesmas pode, sobre todo no verán, constituir un problema, de xeito que a Confraría presentou un proxecto ao GALP7 Ria de VIgo A  Guarda para instalar un equipo circuito de agua pechada dotado dunha unidade frigorítfica. Este proxecto foi aprobado e recibiu unha axuda de 10.035 euros dos que o 85% (8.529,75) proceden do FEMP.

 Colaboran - Sail The Way Ría de Vigo - A Guarda | Grupos de Acción Costeira  FEMP | Fondo Europeo Marítimo e da Pesca

Dentro do sector de artes menores da Confraría de Pescadores de Arcade destaca o colectivo de pescadores de anguia con voitirón. Na pesquería desta especie se captura como accesoria o camarón. Co fin de mellorar o proceso de comercialización deste último, mantendo a calidade na medida en que facilita a súa conservación; incrementar os servizos prestados pola entidade aos socios, e reducir o traballo realizado polos mesmos, se instalou na lonxa unha cámara de conxelación que se financiou ao abeiro dunha orde de axudas da Consellería do Mar coa participación do FEMP 

O proxecto consiste na realización dunha serie de tarefas que contribúen á protección e recuperación da biodiversidade mariña no ámbito territorial da Confraría de Pescadores Virxe do Carmen de Arcade.

O obxectivo principal é a xestión responsable e sostible dos recursos e hábitats costeiros, e para acadalo é preciso realizar tarefas que, dependendo da súa natureza, deben ser efectuadas ben por un técnico especializado na xestión de recursos mariños, ben por gardapescas:

  • Seguimento dos recursos mariños vivos nas zonas de producción.
  • Formación profesional e permanente do persoal e asociados da entidade e aumento de sensibilidade ambiental.
  • Actividades de vixilancia dos bancos marisqueiros e da súa explotación.

Grazás a este proxecto se espera acadar os seguintes resultados:

  • Contar cunha avaliación do estado de conservación e biodiversidade da zona.
  • Coxestionar, xunto cos técnicos da Consellería do Mar, os recursos mariños en base á información obtiva, procurando que a explotación realizada sexa responsable e sustentable.
  • Incrementar o coñecemento da Directiva Marco de Estratexia Mariña
  • Controlar o acceso ás zonas de pesca.
  • Controlar as capturas nas zonas de pesca e puntos de desembarque.

Para financiar o proxecto a entidade recibe unha axuda do FEMP.

,

Unha das etapas mais críticas da vida dos invertebrados bentónicos é o asentamento. Esa etapa pode non realizarse de non encontrarse o substrato axeitado. No intermareal de Arcade existen moitas zonas susceptibles de mellora nas que se podería incrementar a fixación. A actuación normalmente empregada para acadar ese fin é a remoción do substrato, pero experiencias previas indican que esta acción, ao menos realizada soamente unha vez, non resulta suficiente. O proxecto consiste na realización de 24 roturados nunha zona do banco marisqueiro intermareal de Rio do Medio (VI-186) para descompactar e modificar as características granulométricas do sedimento e analizar a viabilidade da actividade de enmenda do susbtrato como medida axeitada para recuperación de zonas. Para elo se tomaran mostras de sedimento cada 4 roturados e se realizara unha mostraxe na primavera do 2022 para comprobar se a fixación na zona roturada é superior á da zona limítrofe. Para a realización deste proxecto a Confraría conta cunha axuda do FEMP que financia a contratación dun patrón para a embarcación dende a que se realizan os roturados.

,

A lonxa de Arcade é o lugar no que desenvolven diariamente o seu traballo os mais de 230 socios: pescadores artesanais e mariscadores da Confraría de pescadores de Arcade.

Para poder atender as necesidades dos mesmos así como as  dos compradores e as das persoas que acuden ás oficinas garantindo ao mesmo tempo a protección fronte ao COVID  foi preciso adquirir medios de protección tales como:

mamparas na ventana de atención ao público, un purificador de aire, dispensadores de pedal de xel hidroalcohólico, pantallas faciales de protección dos traballadores.... para o que a Confraría contou coa axuda financiera do FEMP e da Consellería do Mar.

 

 

 

,

Ao longo da segunda quincena do mes de outubro remataronse as activades relativas a este proxecto, que consistíu na restauración da poboación de ameixa xaponesa en dúas zonas da Enseada de San Simón: parte do banco intermareal de Río Alvedosas (VI-172) e do sublitoral de Area Nova Puntal Río do Medio (VI-002). O acondicionamento do substrato realizouse mediante un rastro de vieira adaptado que contaba cun equipamento que permitía a expulsión de auga a presión; e as labores de sementeira de xuvenís de ameixa e realizaron nas xornadas do 20 de outubro (intermareal) e 22 de outubro (sublitoral). Antes de cada sementeira realizouse un control sobre os lotes de ameixa recibidos para verificar o estado da semente, número de unidades e tallas. Este proxecto foi realizado ao abeiro dunha orde de axudas da Consellería do Mar acorde ao cartel que se xunta.

 

 

Unha das especies mais relevantes para os socios da Confraría é a anguila, de feito a Confraría de Arcade é a mais importante de Galicia en cando ás vendas desta especie. Con este proxecto, consistente na instalación da sala de estabulación das anguías dunha unidade de xestión de pesaxe que permite realizar unha captura autómatica de cada pesada e que conta cun sofware de control de identificación, pesaxe e etiquetado que integra a nivel operativo  esas tarefas coa aplicación de xestión da Confraría, conseguese eliminar tarefas repetitivas, reducense erros e se moderniza o proceso de comercialización. 

 

 

O proxecto ten como obxectivo a xestión responsable dos recursos e hábitats costeiros e o fomento da sensibilización ambiental. Xuntase documentacion informativa da axuda coa avaliación final

,

Ao abeiro das axudas da Deputación de Pontevedra para confraría de pescadoras e pescadores e agrupación de mariscadoras da provincia, a Confraría de Arcade adquiriu un vehículo isotermo para o traslado das capturas ata a lonxa de Vigo e instalou nos pantaláns un sistema de acceso mediante tarxeta que rexistra as horas as que se accede ao mesmo para facilitar as labores de vixilancia dos bancos marisqueiros. A inversión realizada foi de 33.580,90 euros e o importe da axuda concedida de 26.864,72.