Proyectos
O proxecto se localiza na lonxa de Arcade por ser o punto de recollida das capturas dos pescadores artesanais da Confraría de Arcade, e a necesidade que pretende cubrir é a de contar con equipos que cumpran coa lexislación vixente e que melloren a eficiencia enerxética das cámaras de frio. Gracias ao mesmo se instalaron equipos monoblock tanto na cámara de conxelados como na de fresco.
A confraría comenzou no 2020 coa comercialización directa na lonxa de Arcade. Dado que o pescado fresco é un alimento perecedero que se deteriora con gran rapidez era preciso contar cunha forma de enfríamento. A mais común é o uso de xeo, por ser inócuo e xeralmente barato e porque pode manter unha temperatura constante. Mediante este proxecto se instalou na lonxa de Arcade unha máquina de fabrica de xeo en escama que permite aos pescadores artesanais da confraría contar con suministro de xeo.
Acorde ás propostas da UE acerca da necesidade de reducir progresivamente as emisións de CO2 e outros gases contaminantes, para o que as enerxías renovables, especialmente a solar, xogan un papel moi importante, o proxecto ARCASOL pretende sustituir as fontes de enerxía contaminantes por unha renovable, aforrar na fáctura eléctrica da confraría, e implantar unha enerxía renovable no local da lonxa de Arcade. A proxecto, que contemplaba duas anualidades, ben de ser rematado e nestes intres as placas xa estan en funcionamento.
O proxecto ten como obxectivo a restauración e conservación da poboación da ameixa fina na Ensenada de San Simón.
Ao abeiro da orde de axudas da Deputación de Pontevedra para investimentos que melloren os servizos aos seus socios, no 2018 a Confraría realizou as seguintes inversións: Adquisición e instalación de bombas de agua para as piscinas das anguías, adquisición dunha etiquetadora para a identificación e clasificación das ventas de camarón, instalación dun sistema de cámaras de seguridade, adquisición de sacos, salabardos, capachos… para tratamento, almacenaxe e transporte previo á venta das ameixas e anguías, adquisición dun remolque homologado para 1.300 kg.
O proxecto ten como obxectivo a xestión responsable dos recursos e hábitats costeiros e o fomento da sensibilización ambiental. Na avaliación final que se xunta se presenta un resumo dos feitos mais relevantes.
O proxecto, que se xunta, consiste na monitorización, evolución espacial da densidade e seguimento dunha cohorte natural, da poboación de berberecho (Cerastoderma edule) no intermareal de Arcade. De xeito paralelo ao seguimento desa cohorte realizarase o seguimento en condicións controladas, mediante caixas fondeadas no intermareal, da evolución de xuvenís desta especie procedentes do mesmo recrutamento. Grazás ao material adquirido se pode continuar estudiando os recrutamentos anuais desta especie.
O proxecto, que consiste no arado mediante grades tiradas dende embarcación, de aproximadamente 10.000 m2 do banco marisqueiro subllitoral da Portela (VI- 177) ten coma obxectivo principal a Restauración da biodiversidade, e coma obxectivos específicos a Descompactación do substrato e o Incremento da fixación de bivalvos na zona. Ainda que a se acadou a descompactación, nas mostraxes de seguimento realizadas non se apreciou un incremento da fixación de bivalvos na zona.
O proxecto ten como obxectivo a xestión responsable dos recursos e hábitats costeiros e o fomento da sensibilización ambiental. Na avaliación final que se xunta se presenta un resumo dos feitos mais relevantes.
O proxecto persegue a mellora das condicións de traballo e seguridade dos mariscadores na lonxa de Arcade mediante a adquisición dun carretillo elevador e dun empillador eléctrico. As necesidades principais que se pretenden cubrir son as de reducir o esforzo físico, dolor, lesións e baixas dos mariscadores. Grazas á adquisición destes equipamentos a carga manual diaria de preto de 1000 quilogramos de marisco nun vehículo isotermo para o seu traslado ata a lonxa de venta en Vigo, que ten lugar en mais de 200 xornadas ao ano, se realiza agora sen o emprego da forza física dos mariscadores.