BATERIA COFRADIA ARCADE

Enviado por Cofradia Arcade el Lun, 28/10/2024 - 13:07
Bateria

No ano 2020 a Confraría de Arcade instalara na súa lonxa un equipo fotovoltaico para autoconsumo consistente en 46 paneis solares (proxecto ARCASOL: PE209G 2020/46). Nembargante ese proxecto non incluía un sistema de acumulación. Grazas a esa instalación fotovoltaica acadouse un aforro da enerxía consumida na lonxa de mais do 40% no pasado 2023. 

Con esta novo proxecto BATERIA COFRADIA ARCADE: PE209G 2024 00033 conseguese reducir o consumo nocturno de electricidade provinte de fonte contaminante e cambialo polo xerado pola instalación fotovoltaica ao longo de día e acumulado grazas á incorporación de baterías de autoconsumo, que acumulan a enerxía xerada durante o día e permiten empregala durante a noite. 

O obxectivo principal do proxecto era incrementar o aforro enerxético mediante a incorporación dunha batería á instalación fotovoltaica existente. E os específicos o incremento da porcentaxe de enerxía empregada pola confraría procedente de fonte renovable, e o aforro na factura eléctrica.

O coste do proxecto foi de 26.983,00 euros. Grazas á axuda recibida polo FEMPA (70%) instalouse unha Batería de litio de 32 kWh de acumulación formada por 4 baterías de litio de 600V da marca SIGENERGY modelo SIGENSTOR BAT 8 de 8kWh de capacidade.