Os socios da confraría de Arcade representan unha flota superior ás 70 embarcacións, planeadoras ata 6.5 m. de eslora, que se empregan tanto no marisqueo dende embarcación como noutras modalidades de pesca artesanal como a pesca con trasmallo, pesca de anguía...
As súas embarcacións precisan da realización de operacións de mantemento e revisións periódicas, de xeito que teñen que sacalas da auga, a través da rampa que está sita no peirao de Arcade, e para elo precisan dun remolque que faga as funcións de carro varadero; de xeito que o proxecto consistiu na adquisición e posta a disposición dos socios da entidade dun remolque que lles permite reducir o tempo de espera para a varada e por tanto lles facilita as súas condicións de traballo. Para a súa adquisición contaron cunha axuda de 4.650 euros dos que o 75% procedían do FEMP, da que se da información no taboleiro de anuncios da entidade.