O proxecto consiste na realización dunha serie de tarefas (elaboración e seguimento dos plans de coxestión, optimización e seguimento dunha correcta xestión dos recursos mariños, análise dos descritores definidos na DMEM, cartografado dos hábitats, das especies e da actividade extractiva realizada polos socios da entidade, seguimento de indicadores de abundancia…) que teñen como finalidade mellorar a sustentabilidade na explotación dos recursos pesqueiros realizada polos socios da Confraría de Pescadores de Arcade, na procura de garantir a actividade a longo prazo con medidas de xestión de pesquerías.
Para a realización do proxecto é preciso contar cos servizos dunha Asistencia Técnica, para o que a entidade recibe a axuda que se indica no cartel que se xunta e que procede nun 70% do FEMPA.