Proxectos

O proxecto ten como obxectivo a restauración e conservación da poboación da ameixa fina na Ensenada de San Simón.

O proxecto ten coma obxectivo o incremento do control e a rastrexabilidade dos productos da pesca mediante a automatización das operacións que forman parte do proceso de comercialización en primeira venta: clasificación dos produtos en función da talla, pexase dos lotes, etiquetado.... para o que se adquiriu unha calibradora de moluscos con plataformas de pesaxe, unha unidade de xestión e control do pesaxe e o software de control que integre a información no sistema de xestión da confraría.

 

Ao abeiro da orde de axudas da Deputación de Pontevedra para investimentos que melloren os servizos aos seus socios, no 2018 a Confraría realizou as seguintes inversións: Adquisición e instalación de bombas de agua para as piscinas das anguías, adquisición dunha etiquetadora para a identificación e clasificación das ventas de camarón, instalación dun sistema de cámaras de seguridade, adquisición de sacos, salabardos, capachos… para tratamento, almacenaxe e transporte previo á venta das ameixas e anguías, adquisición dun remolque homologado para 1.300 kg.

O proxecto ten como obxectivo a xestión responsable dos recursos e hábitats costeiros e o fomento da sensibilización ambiental. Na avaliación final que se xunta se presenta un resumo dos feitos mais relevantes.

O proxecto, que se xunta, consiste na monitorización, evolución espacial da densidade e seguimento dunha cohorte natural, da poboación de berberecho (Cerastoderma edule) no intermareal de Arcade. De xeito paralelo ao seguimento desa cohorte realizarase o seguimento en condicións controladas, mediante caixas fondeadas no intermareal, da evolución de xuvenís desta especie procedentes do mesmo recrutamento. Grazás ao material adquirido se pode continuar estudiando os recrutamentos anuais desta especie.

 

,

 

O proxecto, que consiste no arado mediante grades tiradas dende embarcación, de aproximadamente 10.000 m2 do banco marisqueiro subllitoral da Portela (VI- 177) ten coma obxectivo principal a Restauración da biodiversidade, e coma obxectivos específicos a Descompactación do substrato e o Incremento da fixación de bivalvos na zona. Ainda que a se acadou a descompactación, nas mostraxes de seguimento realizadas non se apreciou un incremento da fixación de bivalvos na zona.   

 

O proxecto ten como obxectivo a xestión responsable dos recursos e hábitats costeiros e o fomento da sensibilización ambiental.  Na avaliación final que se xunta se presenta un resumo dos feitos mais relevantes.

O proxecto persegue a mellora das condicións de traballo e seguridade dos mariscadores na lonxa de Arcade mediante a adquisición dun carretillo elevador e dun empillador eléctrico. As necesidades principais que se pretenden cubrir son as de reducir o esforzo físico, dolor, lesións e baixas dos mariscadores. Grazas á adquisición destes equipamentos a carga manual diaria de preto de 1000 quilogramos de marisco nun vehículo isotermo para o seu traslado ata a lonxa de venta en Vigo, que ten lugar en mais de 200 xornadas ao ano, se realiza agora sen o emprego da forza física dos mariscadores.

 

O proxecto pretendía mellorar a xestión e conservación das especies explotadas, recuperando a producción nos bancos con perda de producción, evitando o abandono dos mesmos e a sobreexplotación noutras zonas. A falta de exemplares de bivalvos comerciais nos bancos citados fixo que se pasara de traballar mais de 100 xornadas no 2018 a soamente 56 no 2019; e que do mais do centenar de persoas que traballaban diariamente na mesma a finais de 2017, se pasara a cero nos últimos meses de 2019. De xeito que o obxectivo do proxecto é acadar unha mellora productiva nos bancos de Puntal (que no 2021 grazas á ameixa sementada se incremente un 5% as capturas acadadas respecto ás do 2019) e no de Area Nova Puntal Rio do Medio (que no último trimestre de 2021, por ser un banco no que se traballa habitualmente entre outubro e marzo, se incremente o número de mariscadores que traballan na mesmo respecto aos que traballaron nese trimestre no 2019). As actividades veñen de ser realizadas no mes de outubro de 2020.

Ao abeiro da orde de axudas da Deputación de Pontevedra para mellora dos servicios aos socios, no 2019 a confraría de Arcade adquiriu un elemento de transporte isotermo, e realizou a instalación dun sistema de monitorización das aguas e nas piscinas das anguías.