Proxectos

O proxecto consistiu na realización de tarefas de conservación, recuperación e protección da biodiversidade no ámbito territorial, sito en Rede Natura 2000, da confraría de pescadores Virxe do Carmen de Arcade, e na realización de tarefas de sensibilización ambiental entre os seus asociados. Para levalo a cabo foi preciso contratar un técnico en xestión de recursos mariños, e os servizos de vixilancia de 3 gardapescas. 

Os obxectivos principais do mesmo son a xestión responsable e sostible dos recursos e hábitats costeiros, e o fomento de sensibilización ambiental. Os resultados conseguidos, xuntase memoria final, foron a  Avaliación do estado de conservación e da biodiversidade da zona, a Xestión responsable e sustentable das zonas de producción, o Fomento da sensibilización ambiental, o Incremento de coñecemento da Directiva Marco Estratexia Mariña (DMEM), o  Control de acceso ás zonas de pesca, e o Control de capturas nas zonas de pesca e desembarco.

,

O proxecto consiste na estabulación de reprodutores de ostra plana (Ostrea edulis) en poches sitos no banco marisqueiro intermareal de RIo Alvedosas co fin de contar cun stock de proxenitores que permitan, a medio prazo, restaurar o banco natural de ostra plana da Ensenada de San Simón. Compre citar que no mesmo contouse coa colaboración do Instituto Galego de Formación en Acuicultura (IGAFA) que cedeu varios lotes de ostra que permiten que as actividades do proxecto continuen.