Especies

Scomber scombrus

Peixe de corpo alongado e cor verdosa azulada, percorrido por liñas verticais negras e un ventre prateado con tons brancos.

Presenta unha especie de aletiñas (pínnulas) próximas ao rabo, tanto no dorso coma no ventre. Ten unha cabeza afiada e pode chegar a medir ata 50 centímetros. Acada a madurez aos dous ou tres anos e reprodúcese entre os meses de maio e xullo.

Pode atoparse ata os 200 metros de profundidade, aínda que a finais da primavera se achega á costa en grandes bancos e entra nas rías, nadando a medias augas. No inverno regresa a augas máis profundas. É unha especie moi abundante en canto ás capturas e de gran presenza nos mercados. Péscase cando se achega á costa con cerco e tamén, ás veces, con liña (curricán). Está suxeita a cotas, normalmente captúrase o primeiro trimestre do ano.

Micromesistius poutassou

É unha especie de pequeno tamaño, cun corpo longo e estreito. A queixada inferior é prominente e carece de papada. Os ollos do lirio son moi grandes e a cor pode ser azulada, cincenta ou acastañada no lombo, cos costados prateados e o ventre abrancazado. A liña lateral é practicamente recta. Reprodúcese sobre todo no inverno, finalizando aproximadamente no mes de maio.

O lirio é un peixe que vive a profundidades considerables, entre 100 e 3000 metros. Os exemplares máis novos atópanse máis próximos á costa, nas augas do noso litoral. Os exemplares grandes, capturados con palangres de fondo, teñen mellor presencia, textura y valor.

Octopus vulgaris

Cefalópodo de oito brazos e cabeza grande, debaixo da que agocha unha boca formando un pico "de loro" duro do que se vale para comer nécoras, cangrexos... Ten dúas filas de ventosas nos tentáculos pola súa cara interna, a diferenza do polbo cabezón. Mimetízase co fondo e carece de cuncha.

Vive preto das costas e é de hábitos nocturnos. A súa extracción regúlase con plans de xestión anuais que establecen o período de veda, normalmente entre os meses de maio e xuño. A forma máis utilizada para capturalo é a nasa deseñada especificamente para o polbo, aínda que tamén entra en outro tipo de nasas. Está autorizada a súa captura tamén con bicheiro ou forquita, unha arte tradicional selectiva que consiste nun aparello formado por un mango de dimensión variable que leva no seu extremo unha ou dúas pugas curvadas.

Boops boops

Ten unha cor gris prateada e leva catro ou cinco liñas verticais estreitas, así como unha mancha negra na base da aleta do peito. É unha especie hermafrodita que acada a súa madurez sexual ao redor dos 13 centímetros. O seu tamaño medio oscila entre os 15 e os 20 centímetros.

Forma grandes cardumes desde a superficie ata os 200 metros de profundidade. É un peixe comedor de algas. Péscase habitualmente ao trasmallo, tamén ao cerco e, ocasionalmente, con betas. Dispoñible todo o ano.

Trachurus trachurus

Son peixes de corpo alongado, fociño afiado e boca grande –coma os ollos– e inclinada. Ten pálpebras transparentes, escamas pequenas e, como característica máis distintiva, a súa liña lateral, que está formada por escamas moi desenvolvidas con forma de "ese" estendido. A cor dos xurelos varía entre gris, verdosa e azulada no dorso con reflexos metálicos, e os costados son grises prateados e o ventre branco. Ten unha mancha negra detrás da cabeza á altura do ollo. Acadan a madurez sexual ao segundo ano de vida (22 cm) e reprodúcense nos meses de verán.

Viven en fondos de area entre 100 e 200 metros de profundidade, achegándose á superficie durante a noite. Forman grandes bancos. Os pequenos captúranse ao cerco. Tamén úsanse artes de enmalle e, máis marxinalmente, a liña. É unha das capturas típicas do cerco, principalmente durante o verán.

Cerastoderma edule

El berberecho es un molusco (palabra que en su origen significa "tierna") que tiene las valvas o conchas de forma casi circular. Posee entre 22 y 28 costillas bien marcadas y vive en fondos fangosos y de arena fina próximos a la costa. Por causa de su forma de corazón fue por lo que, al principio, si le dio nombre de "corazón comestible" (cardium edule).

Puede ser capturado a pie con sachos y rastrillos o angazos en la zona intermareal o con ganchas a pie con una longitud y separación entre dientes acomodada para esta especie en las zonas que no quedan expuestas durante la bajamar. También se captura desde embarcación con raños, rastros o ganchos.

Octopus vulgaris

Atópase desde augas superficiais ata 100 metros de profundidade. De actividade principalmente nocturna, é un animal carnívoro, que se alimenta de pequenos crustáceos, bivalvos e peixes. Durante o día, con todo, permanece escondido nas fendas ou cavernas. Para moverse, adoita arrastrarse ao longo do fondo axudándose cos seus 8 brazos, aínda que tamén pode nadar, usando a propulsión a inxección. Para defenderse expulsan unha secreción, baseada na tinta, para confundir ao seu agresor. A lonxevidade estímase entre 12 e 18 meses ...