Son membros da Confraría todas aquelas persoas físicas ou xurídicas que voluntariamente se asocien, sempre que desenvolvan habitualmente unha actividade extractiva pesqueira, marisqueira ou de produción acuícola e atópense en posesión do correspondente título administrativo que os habilite para o exercicio da actividade.
Actualmente a Confraría conta con socios tanto traballadores como empresarios, que desenvolven a súa actividade nos distintos sectores produtivos da pesca e do marisqueo. En todos os casos trátase de pesca artesanal realizada por embarcacións de pequeno porte, a escasas millas da costa e que descargan as súas capturas o mesmo día de pesca.
Os principais sectores produtivos aos que pertencen os socios da Confraría son a pesca de cerco, pesca con artes menores ( enmalle, anzol e nasas), recursos específicos (navalla, ourizo, percebe, etc.) e o marisqueo, tanto nas modalidades do montón como desde embarcación.
Faite socio
Se tes unha embarcación de pesca, marisqueo ou acuicultura e desenvolves a túa actividade en Camariñas faite socio da nosa Confraría de Pescadores poñéndote en contacto con nos.
Se aínda non sabes como, pero estas interesado en comprar unha embarcación de pesca profesional e vivir do mar, fala connosco e axudarémosche.