Sobre nos

A Confraría de Pescadores e Mariscadores de Ferrol é unha corporación de Dereito Público, sen ánimo de lucro, que representa os intereses dos profesionais do sector pesqueiro e actúa á vez actúa como órgano de consulta e colaboración coa Administración, de acordo cos principios de observancia da legalidade, transparencia contable e democracia na súa estrutura interna e funcionamento.

A Confraría de Pescadores e Mariscadores de Ferrol ten unha longa tradición e experiencia na organización da pesca, traballando na promoción do sector e na defensa dos intereses económicos, sociais e corporativos dos profesionais do mar.

Na actualidade, agrupa embarcacións e profesionais do sector pesqueiro que desenvolven a súa actividade principalmente en augas das rías galegas e caladoiro cantábrico e noroeste, con artes e métodos artesanais para a extracción de peixes e mariscos.

  Horarios da lonxa:

  • Poxa pescado: 06:30
  • Poxa marisqueo: 14:30

  Horario da confraría: 9:00 a 14:00