Proxectos
As Confrarías de Ferrol e Barallobre sementaron case 900.000 individuos xuvenís de Ameixa xaponesa.O obxectivo de incrementar o stock comercial de moluscos bivalvos dispoñible para os mariscadores e mariscadoras require dun tempo para que a semente acade a talla comercial. O aporte de xuvenís de ameixa Xaponesa (Ruditapes philippinarum) mellora a biomasa de especies comerciais na Ría de Ferrol, apostando por unha especie semella resistir mellor os cambios ambientáis que están a acontecer
ASINADO O CONVENIO ENTRE A CONFRARÍA DE PESCADORES E MARISCADORES DE FERROL E O CONCELLO DE NARÓN PARA O ANO 2022
MEMORIA EXPLICATIVA
Confraría de Pescadores e Mariscadores de Ferrol
Expediente: GALP2-235. Ano: 2022.
Obxecto: Artigo 63.1 do Regulamento 508/2014: a). Aumento do valor, creación do emprego, atracción de xóvenes e promoción da innovación en tódalas fases da cadea de subministración dos produtos da pesca e da acuicultura.
Obxectivos previstos:
- Mellorar os sistemas informáticos da Confraría, a trazabilidade e a comercialización dos produtos na lonxa.
- Mellorar a sostenibilidade e o coñecemento das áreas de captura do marisco facilitando as mostraxes.
- Mellorar a vixilancia dos bancos marisqueiros e da costa, controlando o acceso e as capturas.
- Mantemento do emprego na Confraría de Ferrol, así como no sector da pesca e o marisqueo.
Execución:
- Merca dun escáner, dunha impresora laser b/n. Merca dun vehículo para vixilancia do ámbito territorial da Confraría e merca dun vehículo para o transporte dos produtos frescos e conxelados comercializados pola Confraría de Ferrol.
Importe da inversión: 45.546’02 €.
Importe da subvención: 45.546’02 €. (Subvencionado ao 100%)
Este proxecto está financiado a través dos Grupos de Acción Costeira Local.
Aportación do Fondo Europeo Marítimo e da Pesca (FEMP) Ó 85%: 38.714’12 €
Aportación da Xunta de Galicia (Consellería do Mar) Ó 15%: 6.831’90 €.
Obxectivos acadados:
- Acadáronse os obxectivos previstos.
PROXECTO COLECTIVO DENOMINADO "COMPRA DE DÚAS BÁSCULAS DE 150 KGS. E DE 1.500 KGS."
O proxecto consta de mercar un vehículo automóbil para labouras de vixilancia, un vehículo automóbil para mostraxes, un escáner e unha impresora láser b/n.
O proxecto consta de mercar un vehículo automóbil para labouras de vixilancia, un vehículo automóbil para mostraxes, un escáner e unha impresora láser b/n.
CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE O CONCELLO DE NARÓN E A CONFRARÍA DE PESCADORES E MARISCADORES DE FERROL
CONVENIO CO OBXECTIVO DE APOIAR O DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE
Convenio de apoio do Concello de Narón á Confraría de Pescadores e Mariscadores de Ferrol co obxecto de apoiar o desenvolvemento sostible da súa actividade ao longo deste ano 2021