Concesión de proxecto de restauración das instalacións da confraría
![](https://www.lonxasgalegas40.gal/mugardos/sites/default/files/public/public%3A//noticias/whatsapp_image_2023-09-08_at_13.40.14_1_0.jpeg)
Enmarcado na subvención PE209G (Axudas autonómicas para proxectos colectivos de modernización das infraestruturas dos portos pesqueiros, das lonxas ou establecementos autorizados para a primeira venda de produtos pesqueiros e dos lugares de desembarque, para a mellora da eficiencia enerxética, da protección do medio ambiente, da seguridade e das condicións de traballo, e da calidade e do control e rastrexabilidade dos produtos desembarcados da pesca) foi concedido o proxecto para a restauración do chan e dos zócalos da lonxa e da habitación da cámara de frío da nosa confraría. O principal obxectivo deste proxecto foi o de aumentar a seguridade dos usuarios das instalacións e a boa calidade dos produtos da pesca mediante o emprego de pinturas con propiedades anticorregantes, antibacterianas e antifúnxicas.
O orzamento desta subvención, cofinanciada polo Fondo Europeo Marítimo e da Pesca (FEMP) nun 75% e pola Xunta de Galicia nun 25%, foi de 1920€.