Ao abeiro da subvención PE209G (Axudas autonómicas para proxectos colectivos de modernización das infraestruturas dos portos pesqueiros, das lonxas ou establecementos autorizados para a primeira venda de produtos pesqueiros e dos lugares de desembarque, para a mellora da eficiencia enerxética, da protección do medio ambiente, da seguridade e das condicións de traballo, e da calidade e do control e rastrexabilidade dos produtos desembarcados da pesca) foi concedida a compra de dúas básculas electrónicas. O obxectivo da subvención é a colocación de ambos dispositivos na lonxa da confraría (empregada polas persoas pertencentes ao sector do marisqueo a pé) e na habitación da cámara frigorífica (empregada polos armadores). Deste xeito os socios e socias da entidade poderán realizar pesaxes dos seus produtos de xeito máis preciso, minimizando o risco de sufrir perdas económicas.
O orzamento desta subvención, cofinanciada polo Fondo Europeo Marítimo e da Pesca (FEMP) nun 75% e pola Xunta de Galicia nun 25%, foi de 3270 €.