Neste mes de xuño, foron concedidas as seguintes subvencións á Confraría de Mugardos por parte da Xunta de Galicia:
-PE209B: Axudas a proxectos colectivos para a conservación e restauración da biodiversidade e dos ecosistemas mariños no marco de actividades marisqueiras sustentables, cun orzamento de 53.295,06 €, mediante a cal se realizará unha rexeneración dun área fangosa de 12.000 metros cadrados na enseada de O Baño mediante unha adición de áridos, coa finalidade de aumentar a superficie de fixación para os organismos mariños.
-PE209G: Axudas autonómicas para proxectos colectivos de modernización das infraestruturas dos portos pesqueiros, das lonxas ou establecementos autorizados para a primeira venda de produtos pesqueiros e dos lugares de desembarque, para a mellora da eficiencia enerxética, da protección do medio ambiente, da seguridade e das condicións de traballo, e da calidade e do control e rastrexabilidade dos produtos desembarcados da pesca, mediante a cal se solicitaron as seguintes melloras para a entidade.
-Adquisición dunha máquina hidrolimpadora para unha limpeza máis sinxela, rápida e eficiente das instalacións nas cales se manipulan os produtos da pesca. Concesión de 854.55 €.
-Tarefas de restauración de pintura da lonxa, mediante as cales se restaurará o chan e o zócalo da lonxa e da habitación da cámara de frío empregada polos armadores co uso de pinturas antideslizantes, antifúnxicas e antibacterianas. Concesión de 1.920 €.
-Adquisición de dúas básculas de maior capacidade para a lonxa do marisco e da habitación da cámara de frío, coas que se levarán a cabo unhas pesaxes máis rápidas e precisas. Concesión de 3.270 €.
-Adquisición dunha máquina de xeo para a habitación da cámara frigorífica, para manter en todo momento a cadea de frío e garantir a frescura e estado óptimo dos produtos da pesca. Concesión de 20.430 €.
Estas axudas están cofinanciadas polo Fondo Europeo Marítimo e da Pesca (FEMP) nun 75% e pola Xunta de Galicia nun 25%.