CONTAS ANUAIS 2020

A través do presente, esta Confraría de Pescadores de Muros, INFORMA:

Primeiro: Que en data 22.06.2021 celebrouse unha reunión ordinaria da xunta xeral, debidamente convocada, cumprindo cos requisitos legais e estatutarios correspondentes.

Segundo: Que unha vez realizado o reconto de asistentes á reunión resultou unha concorrencia de 14 membros, sendo dous deles o/a patrón/patroa maior e o/a secretario/a, estando a xunta xeral validamente constituída de conformidade co disposto no artigo 25 do Decreto 8/2014, do 16 de xaneiro, polo que se regulan as confrarías de pescadores de Galicia e as súas federacións (en adiante Decreto 8/2014).

Terceiro: Á vista dos resultados anteriores, a xunta xeral acordou aprobar as contas anuais da confraría correspondentes ao exercicio 2020 e que se xuntan á presente información.

Cuarto: Que en relación ás contas anuais se cumpriron todas e cada unha das obrigas establecidas no artigo 58 do Decreto 8/2014.

 

Aos efectos oportunos presentáronse ante a Consellería do Mar e o Rexistro de Confrarías de Pescadores e das súas Federacións, creado polo artigo 14 da Lei 9/1993, do 8 de xullo, de confrarías de pescadores de Galicia, así como ante o Concello de Contas de Galicia

 

PUBLICACIÓN DAS CONTAS ANUAIS 2020