DIVULGACIÓN DO  PROXECTO INTEGRAL DE XESTIÓN SUSTENTABLE, CONSERVACIÓN E DE PROTECIÓN DAS ZONAS DE PESCA E DE PRODUCIÓN MARISQUEIRA

DIVULGACIÓN DO  PROXECTO INTEGRAL DE XESTIÓN SUSTENTABLE, CONSERVACIÓN E DE PROTECIÓN DAS ZONAS DE PESCA E DE PRODUCIÓN MARISQUEIRA DO ÁMBITO TERRITORIAL DA CONFRARÍA DE PESCADORES DE MUROS.

Ao amparo da Orde do 23 de abril de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras xerais e se convoca para o ano 2020, en rexime de concorrencia competitiva axudas a proxectos colectivos, financiados polo Fondo Europeo Maritimo de Pesca (FEMP), que contribúan á protección e recuperación da biodiversidade mariña a través dunha mellor xestión e conservación dos recursos mariños e do seús ecosistemas, asi como ao fomento da sensibilización ambiental, a Confraría de Pescadores de Muros presentou o proxecto denominado PROXECTO INTEGRAL DE XESTIÓN SUSTENTABLE ,CONSERVACIÓN E DE PROTECIÓN DAS ZONAS DE PESCA E DE PRODUCIÓN MARISQUEIRA DO ÁMBITO TERRITORIAL DA CONFRARÍA DE PESCADORES DE MUROS.

 

O proxecto foi aprobado a traves da resolución PE209C-2020/F-018 e ten unha vixencia que abrangue dende o 1 de xullo de 2020 ata o 30 de xuño de 2021.

 

Este proxecto foi concedido por un importe de 82.002€, cofinanciado nun 75% con fondos FEMP e nun 25% pola Comunidade Autonoma de Galicia, para a contratación dunha asistencia técnica e de catro gardapescas marítimos, como a adquisición de catro equipos de xeolocalizadores.