ELECCIÓNS XERAIS A CONFRARÍA DE PESCADORES DE MUROS
A Consellería do Mar publicou a RESOLUCIÓN do 14 de xullo de 2022 pola que se convocan eleccións para a renovación dos órganos reitores das confrarías de pescadores de Galicia, incluídas as súas agrupacións sectoriais, e das súas federacións.
Ao abeiro desta resolución, esta confraría está inmersa no proceso electoral, cuxo cronograma publicamos en documento adxunto, ademais do censo electoral -que a data de hoxe e ata o venres 16.09.2022, estará exposto no taboleiro de anuncios e na páxina web da confraría en período de reclamacións-, composto por 164 socios (98 homes e 66 mulleres) que compoñen os distintos sectores profesionais integrados na confraría, segundo se indica no documento que publicamos tamén na páxina web https://www.lonxasgalegas40.gal/muros/.
As votacións para as eleccións xerais dos membros da Xunta Electoral, terán lugar no SALÓN DE ACTOS DA LONXA, desde as 10:00 horas ata as 14:00 horas ininterrompidamente o SÁBADO DÍA 29 DE OTUBRO DE 2022.
A Xunta Xeral quedará composta por un total de 16 membros, os cales elixirán entre os mesmos o Patrón Maior, cuxa praza que deixa vacante será cuberto polo membro da súa agrupación máis votado. E, así mesmo, entre eles elixirán tamén os 8 compoñentes do Cabido.
Ademais dos membros electos, tamén formará parte destes órganos de goberno da confraría o Secretario, que terá voz pero non voto.