NOVA ACTUACIÓN CONTRA O FURTIVISMO EN MUROS
Nunha operación conxunta da Garda Civil de Muros e mailo Servizo de Gardapescas da confraría de Muros, esta noite do 19 ao 20 de marzo procederon a realizar a localización de furtivos nas praias de Esteiro e Virxe do Camiño, onde comisaron un total de 42 quilos de berberecho, así coma diversos aparellos para mariscar, tales coma bolsas de rede con flotadores, un rastro e un traxe de neopreno. Varios individuos conseguiron escapar sen poder ser identificados. Emporiso, Subliñar que grazas a presenza da Garda Civil de Muros, se puido localizar a un deles, dándolle o alto e sorprendido nun coche con marisco furtivo dentro e máis todos os aparellos antes relacionados e comisados.
Tamén grazas a autoridade e presenza da Garda Civil se identificou o condutor, que resultou ser un coñecido individuo dos servizos de vixilancia e xa denunciado noutras ocasións. As iniciais son EMR. de 42 anos e veciño de Boiro que quedou detido nas dependencias do Cuartel de Muros e comisado tamén o vehículo que conducía.
NON PODEMOS MÁIS QUE SEGUIR AGRADECENDO O INESTIMABLE TRABALLO E COLABORACIÓN QUE ESTÁ PRESTANDO A GARDA CIVIL EN XERAL, E O CUARTEL DE MUROS EN PARTICULAR.