PROXECTO DE RECOLLIDA DE LIXO MARIÑO

PROXECTO DE RECOLLIDA DE LIXO MARIÑO

 

RESOLUCIÓN DA CONSELLERÍA DO MAR POLA QUE SE CONCEDEN AXUDAS A PROXECTOS COLECTIVOS FINANCIADOS POLO FONDO EUROPEO E MARÍTIMO DE PESCA (FEMP) PARA A PROTECCIÓN E RECUPERACIÓN DA BIODIVERSIDADE E DOS ECOSISTEMAS MARIÑOS NO MARCO DE ACTIVIDADES PESQUEIRAS SUSTENTABLES MEDIANTE A RECOLLIDA DE RESIDUOS MARIÑOS AO PROXECTO “PROXECTO CONXUNTO DE RECOLLIDA DE LIXO MARIÑO CONFRARÍAS DE MUROS E O PINDO” PRESENTADO POLA CONFRARÍA DE PESCADORES DE MUROS, CON NIF G15038508. CONVOCATORIA 2022.

Vista a proposta de resolución efectuada pola Comisión de Selección nomeada por Resolución do 29/04/2022, e ao abeiro da Orde do 22 de decembro de 2021 (DOG núm. 12, do 19 de xaneiro de 2022) pola que se establecen as bases reguladoras xerais e a convocatoria para o ano 2022 para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas a proxectos colectivos financiados polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca para a protección e recuperación da biodiversidade e dos ecosistemas mariños no marco de actividades pesqueiras sustentables mediante a recollida de residuos mariños, tramitada como anticipado de gasto (código de procedemento PE209F), e reunida en sesión ordinaria con data 6 de maio de 2022 e de conformidade coa  normativa de aplicación:

A conselleira do Mar, RESOLVE conceder unha subvención en efectivo (equivalente bruto de subvención) ao seguinte proxecto, cos requisitos e nas condicións que a seguir se sinalan a cuxo cumprimento se compromete o beneficiario coa aceptación da axuda.

II. Plan financeiro:
Importe total da operación
79.497,84€

Importe total subvencionable/
79.497,84€

Importe subvencionable
100%

Porcentaxe de cofinanciamento
Importe privado 0,00 €
Importe da subvención concedida (Público)
TOTAL:                   75% FEMP-----------25% Nacional
79.497,84€             59.623,38€           19.874,46€
III. Prazo de execución:
Proxecto plurianual (SI/NON) SI Anualidades: 2022 e 2023
Inicio 18/02/2022
Prazo de execución e xustificación. Ano 2022 15/10/2022
Prazo de execución e xustificación. Ano 2023 15/10/2023