Marisqueo

Marisqueo

 

Enténdese por marisqueo o exercicio da actividade extractiva, desenvolvida a pé ou desde embarcación, na zona marítima ou marítimo-terrestre dirixida de modo exclusivo e con artes selectivas e específicas á captura dunha ou varias especies de moluscos, crustáceos, tunicados, equinodermos e outros invertebrados mariños, con fins de comercialización.

As Concesións Administrativas da Confraría abarcan dende Punta Peralto en Escarabote ata Punta Galduario na Pobra do Caramiñal, e comprenden os seguintes Bancos Marisqueiros, os cales están explotados tanto polos mariscadores a pé, mariscadores a flote con vara e mergulladores:

  • AREAL
  • RAPOSIÑOS
  • RIBEIRIÑA-MERCED

A especie que se extrae maioritariamente a pé é a Ameixa Xaponesa, en menor medida captúranse tamén Ameixa Fina, Ameixa Babosa e Berberecho.

A Flote as especies maioritarias son Ameixa Babosa, Ameixa Fina, Ameixa Rubia, Ameixa, Bicuda, Ameixa Xaponesa, Carneiro e Reló.

A mergullo a especie principal é a navalla.