A Confraría de Pescadores da Pobra do Caramiñal é unha corporación de dereito público, sen ánimo de lucro, que representa os intereses dos profesionais do sector do mar e actúa coma órgano de consulta e colaboración coa Administración, da cordo cos principios de observancia da legalidade, transparencia contable e democracia na súa estrutura interna e funcionamento.
A constitución da Confraría de Pescadores da Pobra levouse a cabo no ano 1924.
Actualmente á Confraría réxese polos seus propios estatutos así coma polo Decreto 8/2014 do 16 de xaneiro o cal regula tanto as Confrarías de Pescadores de Galicia coma as súas Federacións
No Porto da Pobra do Caramiñal temos unha Lonxa que está xestionada pola Confraría a cal está autorizada para venta de moluscos e peixes. A subasta realízase de maneira informatizada. Parte das capturas de moluscos son vendidas directamente na Lonxa da Pobra e outra parte (tanto marisco coma peixe principalmente do marisqueo a flote así coma das embarcacións de artes menores) descárganse no Porto da Pobra e posteriormente son transportadas en vehículo isotermo a Lonxa de Ribeira para a súa posterior venta na mesma.
A Confraría presta os seus socios servicios administrativos ante as distintas Administracións tramitando todo tipo de documentación relacionada coa actividade dos afiliados, servicios informativos en materia lexislativa, Axudas e Subvencións, Liquidacións Tributarias, Alternancia de artes, tramitación Permex, Licencia de Pesca, etc. así coma representar os intereses dos afiliados en xeral.
Horarios da lonxa:
- Poxa ás 12:00 ou 15:00 aprox.
Horario da confraría:
- De 9:30 a 15:00