A Confraría presta servizos de tipo administrativo, de información sectorial, e de ordenación pesqueira, así como de representación dos membros que a integran e defensa dos seus intereses.
Á súa vez completamos a actividade extractiva encargándonos de realizar a primeira venda dos produtos capturados mediante poxa, ou ben por medio de acordos comerciais con empresas almacenistas e industrias transformadoras.
Os principais servizos administrativos que ofrecemos aos nosos asociados están relacionados coa tramitación de documentación ante as distintas Administracións para o exercicio da actividade pesqueira e marisqueira. Entre elas:
- Licenzas de pesca
- Permisos de explotación
- Despacho de buques
- Enroles e desenroles
- Alternancia de artes
- Cambios temporais de modalidade
- Altas e baixas na Seguridade Social
- Partes de accidente
- Liquidacións tributarias
- Asesoría legal en materia pesqueira
- Información sobre axudas e subvencións, etc.