A Confraría de Pescadores San Telmo de Porto do Son é unha corporación de Dereito Público, sen ánimo de lucro, que representa os intereses dos profesionais do sector pesqueiro e actúa á vez actúa como órgano de consulta e colaboración coa Administración, de acordo cos principios de observancia da legalidade, transparencia contable e democracia na súa estrutura interna e funcionamento.
A Confraría de Pescadores San Telmo de Porto do Son ten unha longa tradición e experiencia na organización da pesca, traballando na promoción do sector e na defensa dos intereses económicos, sociais e corporativos dos profesionais do mar.
Horarios da lonxa:
- De 11:00 a 14:00 e de 15:00 a 20:00.
- Poxa a partir das 17:00.
Horario da confraría:
- De 8:00 a 15:00