A Confraría presta servizos de tipo administrativo, de información sectorial, e de ordenación pesqueira, así como de representación dos membros que a integran e defensa dos seus intereses.
Á súa vez completamos a actividade extractiva encargándonos de realizar a primeira venda dos produtos capturados mediante poxa, ou ben por medio de acordos comerciais con empresas almacenistas e industrias transformadoras.
Dentro dos servicios prestados inclúese a instalación dunha nova fábrica de xeo en escamas de última xeneración, así como nave de redes de cerco e servicio de caixas.