VIDEO PROXECTO RECOLLIDA DE LIXO MARIÑO. VILABOA 2023

Enviado por cofradia el Lun, 09/10/2023 - 12:48

No marco do proxecto Recollida de lixo mariño Vilaboa 2023 elaborouse un vídeo divulgativo onde se recolle unha xornada de traballo das/dos mariscadoras/es da Confraría Pedra de Oliveira de Vilaboa e as propias mariscadoras aportan a súa testemuña sobre a participación neste proxecto e a súa experiencia. Así mesmo tamén se recollen os datos das limpezas realizadas.

Para visualizar o vídeo clic aquí.

Esta acción enmárcase no Plan MarLimpo-MarVivo da Consellería do Mar

Proxectos colectivos financiados polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), para a protección e recuperación da biodiversidade e dos ecosistemas mariños no marco de actividades pesqueiras sustentables mediante a recollida de residuos mariños.