PROXECTO COLECTIVO

Enviado por MANUEL PACHECO… o Xov, 12/12/2024 - 09:17
Cartel publicitario exposto no taboleiro de anuncios

A Confraría de Pescadores "Santa Tecla" de A Guarda (Pontevedra) está a desenvolver dende o 1 de xullo de 2024 e ata o 30 de xuño de 2025, un proxecto de xestión e conservación dos recursos mariños tramitado pola Dirección Xeral de Desenvolvemento pesqueiro e financiado polos fondos FEMPA nun 70% (55.007,82 €) e pola Comunidade autónoma de Galicia nun 30% (23.574,78 €). 
O importe total subvencionado ascende a 78.582,60 €

O obxectivo do proxecto é reforzar a xestión dos recursos marisqueiros para garantir unha actividade económica social e ambientalmente sustentable.