Pescado

Xarda

Peixe de corpo alongado e cor verdosa azulada, percorrido por liñas verticais negras e un ventre prateado con tons brancos.

Presenta unha especie de aletiñas (pínnulas) próximas ao rabo, tanto no dorso coma no ventre. Ten unha cabeza afiada e pode chegar a medir ata 50 centímetros. Acada a madurez aos dous ou tres anos e reprodúcese entre os meses de maio e xullo.

Undefined

Lirio

É unha especie de pequeno tamaño, cun corpo longo e estreito. A queixada inferior é prominente e carece de papada. Os ollos do lirio son moi grandes e a cor pode ser azulada, cincenta ou acastañada no lombo, cos costados prateados e o ventre abrancazado. A liña lateral é practicamente recta. Reprodúcese sobre todo no inverno, finalizando aproximadamente no mes de maio.

Undefined

Boga

Ten unha cor gris prateada e leva catro ou cinco liñas verticais estreitas, así como unha mancha negra na base da aleta do peito. É unha especie hermafrodita que acada a súa madurez sexual ao redor dos 13 centímetros. O seu tamaño medio oscila entre os 15 e os 20 centímetros.

Forma grandes cardumes desde a superficie ata os 200 metros de profundidade. É un peixe comedor de algas. Péscase habitualmente ao trasmallo, tamén ao cerco e, ocasionalmente, con betas. Dispoñible todo o ano.

Undefined

Xurelo

Son peixes de corpo alongado, fociño afiado e boca grande –coma os ollos– e inclinada. Ten pálpebras transparentes, escamas pequenas e, como característica máis distintiva, a súa liña lateral, que está formada por escamas moi desenvolvidas con forma de "ese" estendido. A cor dos xurelos varía entre gris, verdosa e azulada no dorso con reflexos metálicos, e os costados son grises prateados e o ventre branco. Ten unha mancha negra detrás da cabeza á altura do ollo. Acadan a madurez sexual ao segundo ano de vida (22 cm) e reprodúcense nos meses de verán.

Undefined