XESTIÓN DOS RECURSOS DA PESCA ARTESANAL DE CANGAS, ANUALIDADE 2023-2024

XESTIÓN DOS RECURSOS DA PESCA ARTESANAL DE CANGAS, ANUALIDADE 2023-2024

 

De conformidade co disposto na Resolución da Consellería do Mar pola que se concede unha axuda ao proxecto colectivo “Xestión dos recursos da pesca artesanal de Cangas, 2023-2024” presentado pola Confraría de Pescadores ‘San Xosé’ de Cangas (NIF G36014389), para reforzar a xestión dos recursos da pesca costeira artesanal e garantir unha actividade económica,social e medioambiental sostible, cofinanciado polo Fondo Europeo Marítimo e da Pesca e de Acuicultura (FEMPA), ao abeiro da Orde do 18 de outubro de 2023, polo que se establecen as bases reguladoras xerais e a convocatoria para o ano 2023, das referidas axudas, outorgóuselle á confraría de Cangas unha axuda de 77.860,88 €, distribuída en dúas anualidades: 38.93,.40 € en 2023 e 38.930,40 € en 2024. Ao proxecto asignóuselle o número de expediente PE2099 2023/013.