Periodicamente, mediante a publicación da oportuna orde, a consellería con competencias en materia de pesca aproba o Plan xeral de explotación marisqueira de Galicia, nas datas inmediatamente anteriores á entrada en vigor do referido plan, que actualmente ten unha duración dun trienio. Nesta orde apróbanse o conxunto das normas e orientacións destinadas a regular e programar a conservación e explotación sustentable dos recursos marisqueiros xerais para o período acordado. Entre as devanditas normas atópanse os períodos autorizados de extracción das distintas especies, agás para aquelas especies ou artes que están reguladas por un plan de xestión especifico.
CRUSTÁCEOS
Especie | Períodos autorizados 2024, 2025 e 2026 |
Nécora (Necora púber) | Do 1 ao 5 de xaneiro Do 1 de xullo ao 31 de decembro |
Bogavante (Homarus gammarus) | Do 1 de xaneiro ao 31 de marzo Do 2 de xullo ao 31 de decembro |
Langosta (Palinurus elephas) |
Do 1 ao 5 de xaneiro Do 1 de abril ao 30 de septembro |
Santiaguiño (Scyllarus arctus) | Do 1 al 5 de xaneiro Do 1 de outubro ao 30 de decembro |
Cangrexo (Carcinus maenas) | Todo o año |
Conguito (Macropipus corrugatus) | Todo o año |
Patulate (Macropipus depurador) | Todo o año |
PLANS DE EXPLOTACIÓN DA CONFRARÍA DE PESCADORES “SAN XOSÉ”
Especie | Períodos autorizados 2024, 2025 e 2026 |
Equinodermos (ourizo-Paracentrotus lividus- e holoturia-Holoturia forskali) | Do 1 de outubro ao 31 de decembro Do 1 de xaneiro ao 30 de abril |
Peneira (Haliotis tuberculata) | Do 1 de outubro ao 31 de decembro Do 1 de xaneiro ao 31 de xullo |
Algas a Flote (Codium spp. agás C. Fragile-, Laminaria ochroleuca, Saccorhyza polyschides, Ulva spp. e Undaria pinnatifida) | Do 1 de xaneiro ao 30 de setembro |
Ameixa Rubia con Endeño Remolcado | Do 1 ao 31 de xaneiro Do 1 de agosto ao 30 de decembro |
Anemone (Anemonia viridis) | Do 1 de xaneiro ao 28 de febreiro Do 1 de xullo ao 31 de decembro |
Navalla e Longueirón (Ensis magnus e Ensis siliqua) | Captúranse todo o ano, pero con rotación de zonas (vedas zonais) |
Percebe (Pollicipes pollicipes) | Captúrase todo o ano, pero con rotación de zonas (vedas zonais) |
Marisqueo a Flote (ameixas, berberecho, carneiro...) | Captúranse todo o ano, pero con rotación de zonas (vedas zonais) |
Marisqueo a Pé (ameixas, berberecho, carneiro...) | Captúranse todo o ano, pero con rotación de zonas (vedas zonais) |
Lapa a Pé (Patella spp.) | Do 1 de agosto ao 31 de decembro |
Algas a Pé (Bifurcaria bifurcata, Codium tometosum, Enteromorpha spp.,Fucus vesiculosus, Gelidium spp., Himanthalia elongata, Laminaria ssp., Osmundea pinnatifida, Ulva rígida, Undaria pinnatifda) | Captúranse todo o ano |
PEIXES:
Os peixes non adoitan estar sometidos a períodos de veda, agás aqueles controlados por TAC’s (Total Admisible de Capturas) a nivel da Unión Europea. As especies de peixes suxeitas a topes de capturas, que máis afectan aos profesionais do noso porto son: xarda -Scomber scombrus-, sardiña- Sardina pilchardus-, raias (rajas spp- sobre todo a raia mosaico, raja undulata-), pescada -Merlucius merlucius-, e bocarte -Engraulis encrasicolus. Unha vez consumidos, a nivel individual ou colectivo, os topes de capturas, péchase a extracción para o trimestre, semestre ou ano, ata nova autorización.