FÁBRICA DE XEO PARA A LONXA DE CANGAS 2024

FÁBRICA DE XEO PARA A LONXA DE CANGAS 2024

 

Consonte ao disposto na Resolución da Consellería do Mar pola que se concede unha axuda ao proxecto colectivo “Fábrica de xeo para a lonxa de Cangas 2024” presentado pola Confraría de Pescadores ‘San Xosé’ de Cangas (NIF G36014389), para dotar á lonxa de Cangas dun novo xerador de xeo para o servizo da fábrica de xeo, cofinanciado polo Fondo Europeo Marítimo e da Pesca e de Acuicultura (FEMPA), ao abeiro da Orde do 16 de outubro de 2023, pola que se establecen as bases reguladoras xerais e a segunda convocatoria para o ano 2023, para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para proxectos colectivos de modernización das infraestruturas dos portos pesqueiros, das lonxas ou establecementos autorizados para a primeira venda de produtos pesqueiros e dos lugares de desembarque, para a mellora da eficiencia enerxética, da protección do ambiente, da seguridade e das condicións de traballo, da calidade e do incremento do control e da rastrexabilidade dos produtos desembarcados procedentes da pesca e da seguridade das infraestruturas, fronte a eventos meteorolóxicos provocados polo cambio climático, cofinanciada polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA), outorgóuselle á confraría de Cangas unha axuda de 73.729,27 €. Ao proxecto asignóuselle o número de expediente PE209G-2023-FEMPA/23.