MELLORA DA EFICIENCIA ENERXÉTICA A TRAVÉS DA MODERNIZACIÓN DAS INSTALACIÓNS DE FRÍO

MELLORA DA EFICIENCIA ENERXÉTICA A TRAVÉS DA MODERNIZACIÓN DAS INSTALACIÓNS DE FRÍO

 

  • Ao abeiro da Orde do 22 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras xerais e a convocatoria para o ano 2023 para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para proxectos colectivos de modernización das infraestruturas dos portos pesqueiros, das lonxas ou dos establecementos autorizados para a primeira venda de produtos pesqueiros e dos lugares de desembarque, para a mellora da eficiencia enerxética, da protección do ambiente, da seguridade e das condicións de traballo, e da calidade e do control e da rastrexabilidade dos produtos desembarcados da pesca, cofinanciada polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) a confraría de pescadores de Corcubión presentou o proxecto colectivo "Mellora da eficiencia enerxética a través da mmodernización das instalacións de frío".
  • O obxectivo do proxecto é mellorar a eficiencia enerxética mediante o aforro enerxético nas instalacións de frío existentes.
  • Este proxecto materializase coa substitución dos compresores, evaporadores, e condensadores das cámaras frigoríficas, do xerador de xeo e do viveiro de marisco, por uns equipos máis eficientes e mediante a instalación dun cadro eléctrico con variador de frecuencia e de velocidade. Isto suporá un aforro estimado dun 40% respecto do consumo actual.