Enviado por
COFRADIA
o
Mér, 28/12/2022 - 12:47

- Ao abeiro da Orde do 4 de xaneiro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras xerais e a convocatoria para o ano 2022, para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para proxectos colectivos de modernización das infraestruturas dos portos pesqueiros, das lonxas ou establecementos autorizados para a primeira venda de produtos pesqueiros e dos lugares de desembarque, para a mellora da eficiencia enerxética, da protección do medio ambiente, da seguridade e as condicións de traballo, e da calidade e do control e rastrexabilidade dos produtos desembarcados da pesca, cofinanciada polo Fondo Europeo Marítimo e da Pesca (FEMP) a confraría de pescadores de Corcubión presentou o proxecto colectivo "Modernización do almacén de pesca no porto de Corcubión".
- O obxecto deste proxecto é modernizar as instalacións deste porto vinculadas a actividade pesqueira da lonxa para preservar a seguridade e as condicións de traballo das persoas que operan no porto de Corcubión.
- Este proxecto materialízase na construción dun almacén que incluirá un arquivo, vestiarios e aseos para a xente do mar.