PROTECCIÓN E RECUPERACIÓN DOS ECOSISTEMAS MARIÑOS MEDIANTE A RECOLLIDA ACTIVA DE LIXO MARIÑO POLOS MARISCADORES A PÉ DA CONFRARÍA DE PESCADORES DE CORCUBIÓN

PROTECCIÓN E RECUPERACIÓN DOS ECOSISTEMAS MARIÑOS MEDIANTE A RECOLLIDA ACTIVA DE LIXO MARIÑO POLOS MARISCADORES A PÉ DA CONFRARÍA DE PESCADORES DE CORCUBIÓN

 

Ao abeiro da Orde do 1 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2023 de concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas a proxectos colectivos financiados polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca, para a protección e recuperación da biodiversidade e dos ecosistemas mariños no marco de actividades pesqueiras sustentables mediante a recollida de residuos mariños, tramitada como anticipado de gasto, a Confraría de Pescadores de Corcubión presentou o proxecto colectivo "PROTECCIÓN E RECUPERACIÓN DOS ECOSISTEMAS MARIÑOS MEDIANTE A RECOLLIDA ACTIVA DE LIXO MARIÑO POLOS MARISCADORES A PÉ DA CONFRARÍA DE PESCADORES DE CORCUBIÓN".

Este proxecto ten como obxetivos:

  1. Recuperar e protexer a biodiversidade mariña dos nosos ecosistemas costeiros mediante a recollida activa de residuos mariño no ámbito territorial da Confraría de pescadores de Corcubión.
  2. Reducir a cantidade de lixo mariño e mitigar a pesca pantasma mediante a implicación das persoas mariscadoras a pé na súa recollida no intermareal.
  3. Mellorar a calidade do substrato nas zonas de explotación do Plan de Xestión de moluscos bivalvos e gasterópodos a pé coa retirada do lixo mariño.

O Plan MarLimpo elaborado pola Consellería do Mar pretende contribuír a acadar un ambiente costeiro e mariño limpo, saudable, produtivo e bioloxicamente diverso que satisfaga as necesidades a longo prazo das persoas. Con este plan espérase acadar unha redución da cantidade de residuos existentes nas zonas costeiras e que o sector pesqueiro integre nas súas operativas boas prácticas que contribúan á protección do medio mariño e, polo tanto, á explotación sustentable dos seus recursos.