O pasado día 29 de novembro foi aprobado o “Proxecto para a conservación e restauración dos recursos mariños vivos e os seus ecosistemas da confraría de Mugardos para os anos 2024-2025" (PE209P). A finalidade do mesmo é a de contribuir á recuperación e mantemento da saúde dos ecosistemas nos que se desenvolven os plans de explotación da entidade.
Esta concesión permitirá seguir cubrindo os soldos dos dous gardapescas da entidade para que leven a cabo un control das zonas xestionadas pola confraría e velen porque o marisco sexa extraído por persoal autorizado para facelo, ademáis de que se cumpran as medidas mínimas e topes de extracción establecidos para cada especie.
Por outra parte, tamén será posible seguir contando cunha asistencia técnica, a cal se encargará, de realizar mostraxes nos bancos explotados para garantir unha extracción sostible e evaluar a saúde dos ecosistemas, envío de mostras que garantan a seguridade alimentaria dos produtos extraídos e control de parámetros ambientais, ademáis de levar a cabo a elaboración e execución de proxectos, coma por exemplo tarefas de rexeneración no caso de ser necesario.
En ambos casos, a subvención tamén cubrirá a compra de materiais para que os tres operarios podan cumprir de xeito máis eficiente as súas tarefas.
Para levar a cabo este proxecto, foi concedido un importe de 64521,19 €, financiados nun 70% polo Fondo Europeo Marítimo da Pesca e a Acuicultura (FEMPA) en un 30% pola Comunidade Autónoma.