O pasado setembro culminaron os proxectos asociados á subvención PE209B, adicados á recollida de lixo mariño por parte dos nosos asociados.
Entre os días 1 de xullo e 31 de agosto, os tripulantes das embarcacións “Novo Genoveva” e “O Calamar” suxeitas ao plan conxunto de extracción de zamburiña na Ría de Ferrol, adicáronse á recollida pasiva de lixo mariño ao mesmo tempo que levaban a cabo as súas tarefas habituais de pesca. En total foron retirados un total de 1640 Kg de lixo mariño, dos que un 44% eran restos de vidro e escombros, seguidos por un 21% de restos de plástico e o restante repartido entre as categorías de madeira, metal, goma e produtos variados.
Por outra parte, entre os días 23 de maio e 13 de setembro, foron levadas a cabo as recollidas de lixo activas por parte das nosas mariscadoras e mariscadores, que adicaron un total de 11 xornadas á recollida manual de lixo nas enseadas de O Baño, A Barca e Santa Lucía. Nesta modalidade, foron retirados un total de 26980 Kg de lixo, dos cales un 80 % estaba composto por restos de vidro e escombros, seguidos por restos de goma, madeira, metal e plástico. A retirada destes residuos contribuirá a reducir a contaminación física e química da nosa ría, mellorando as calidade dos ecosistemas para as especies que habitan nela.
Este proxecto foi cofinanciado polo Fondo Europeo Marítimo e da Pesca (FEMP) nun 75%, e pola Xunta de Galicia nun 25%. Grazas a tódalas persoas das institucións e da nosa entidade que o fixeron posible.