Rexeneración dun área fangosa para o aumento da biodiversidade

Ao longo dos meses de setembro e outubro, foi levada a cabo unha rexeneración dun área fangosa de baixa produtividade da enseada de O Baño por parte da empresa “Servicios Portuarios Ferrol S.L). En dita área, de 11181 metros cadrados , foron engadidos 1677 metros cúbicos de sustrato máis groso.

       

A finalidade deste proxecto é contribuír ao aumento da biodiversidade dun área fangosa de baixa produtividade, xa que o novo sustrato incrementará a osixenación na zona e a superficie de fixación de organismos mariños (sexan ou non de interese comercial), o que a súa vez terá un efecto positivo sobre a biodiversidade e sobre os servizos ecosistémicos proporcionados polo enclave.

Este proxecto, enmarcado na subvención PE209B “Axudas a proxectos colectivos para a conservación e restauración da biodiversidade e dos ecosistemas mariños no marco de actividades marisqueiras sustentables”, tivo un presuposto de 53.295,69 € e foi cofinanciado polo Fondo Europeo Marítimo e da Pesca (FEMP) nun 75% e pola Xunta de Galicia nun 25%

.