Bases reguladoras Programa de medidas urxentes para paliar o impacto do incremento do custo do combustible e subministracións nos sectores agrario, gandeiro, pesqueiro e do transporte
BOP NÚMERO 76- VENRES, 22 DE ABRIL DE 2022
ANUALIDADE |
2022 |
PROGRAMA |
Medidas urxentes para paliar o impacto do incremento do custo do combustible e subministracións nos sectores agrario, gandeiro, pesqueiro e do transporte |
OBXECTO |
Axudas urxentes destinadas aos sectores agrario, gandeiro, pesqueiro e do transporte, gravemente afectados pola alza dos combustibles e subministracións, derivada da guerra que está a acontecer en Ucraína. |
BENEFICIARIOS |
Persoas traballadoras por conta propia ou autónomas, pequenas empresas e microempresas. |
IMPORTE DA SUBVENCIÓN A CONCEDER |
3.000,00€ |
IMPORTE MÁXIMO A SOLICITAR |
3.000,00€
|
3.3.- Prazo de presentación
O prazo de presentación de solicitudes para esta convocatoria de axudas iniciarase o día 28 de abril de 2022 ás 09:00 horas, unha vez publicada a convocatoria no BOP a través da remisión da mesma á BDNS e ata o esgotamento do crédito orzamentario aprobado ou en todo caso ata o 28/06/2022 ás 14:00 horas.
DOCUMENTACIÓN DA SOLICITUDE (no momento da solicitude os solicitantes deberán subir á plataforma Subtel a seguinte documentación) |
· Certificado de Situación Censual da Axencia Estatal Tributaria actualizado. · No caso de ser PERSOA FÍSICA: Certificado de Vida Laboral do/a autónomo/a actualizado onde conste a data de alta no RETA. · No caso de persoas xurídicas e/ou físicas con representante: Documento ou sinatura dixital que acredite a representación, agás no caso de que o representante figure como tal no Certificado de Situación Censula da Axencia Estatal Tributaria actualizado, no que se presumirá vixente a dita representación. · Información de datos bancarios: a) Persoas físicas que actúen no seu propio nome: designación de conta bancaria (código IBAN ou CCC) b) Persoas físicas que actúen a través de representante ou persoas xurídicas: certificación bancaria ou documento de banca electrónica que conteña a seguinte información: - Nome ou razón social - CIF/ NIF - Identificación da conta bancaria (código IBAN/CCC) |
DECLARACIONS E COMPROMISOS:
ENTRE OUTROS DEBE,
· Comprométome a realizar un gasto por un importe superior a 3.000,00€, sen ter en conta o IVE deducible, no período comprendido entre o
01/01/2022 ao 30/06/2022, nalgún dos conceptos contables seguintes:
601 Compras de materias primas (en concepto de combustible)
602 Compras de outros aprovisionamentos (en concepto de piensos, cereais e forraxes)
628 Subministracións (en concepto de enerxía eléctrica)