AXUDAS POLO INCREMENTO DO CUSTO DO COMBUSTIBLE E SUBMINISTROS

AXUDAS POLO INCREMENTO DO CUSTO DO COMBUSTIBLE E SUBMINISTROS

 

https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2022/04/22/2022_0000002152.pdf

Bases reguladoras Programa de medidas urxentes para paliar o impacto do incremento do custo do combustible e subministracións nos sectores agrario, gandeiro, pesqueiro e do transporte

BOP NÚMERO 76- VENRES, 22 DE ABRIL DE 2022

 

 

 ANUALIDADE

2022

PROGRAMA

Medidas urxentes para paliar o impacto do incremento do custo do combustible e subministracións nos sectores agrario, gandeiro, pesqueiro e do transporte

OBXECTO

Axudas urxentes destinadas aos sectores agrario, gandeiro, pesqueiro e do transporte, gravemente afectados pola alza dos combustibles e subministracións, derivada da guerra que está a acontecer en Ucraína.

BENEFICIARIOS

Persoas traballadoras por conta propia ou autónomas, pequenas empresas e microempresas.

 

IMPORTE DA SUBVENCIÓN A CONCEDER

3.000,00€

IMPORTE MÁXIMO A SOLICITAR

3.000,00€

 

 

3.3.- Prazo de presentación

O prazo de presentación de solicitudes para esta convocatoria de axudas iniciarase o día 28 de abril de 2022 ás 09:00 horas, unha vez publicada a convocatoria no BOP a través da remisión da mesma á BDNS e ata o esgotamento do crédito orzamentario aprobado ou en todo caso ata o 28/06/2022 ás 14:00 horas.

 

DOCUMENTACIÓN DA SOLICITUDE (no momento da solicitude os solicitantes deberán subir á plataforma Subtel a seguinte documentación)

· Certificado de Situación Censual da Axencia Estatal Tributaria actualizado.

· No caso de ser PERSOA FÍSICA: Certificado de Vida Laboral do/a autónomo/a actualizado onde conste a data de alta no RETA.

· No caso de persoas xurídicas e/ou físicas con representante: Documento ou sinatura dixital que acredite a representación, agás no caso de que o representante figure como tal no Certificado de Situación Censula da Axencia Estatal Tributaria actualizado, no que se presumirá vixente a dita representación.

· Información de datos bancarios:

a) Persoas físicas que actúen no seu propio nome: designación de conta bancaria (código IBAN ou CCC)

b) Persoas físicas que actúen a través de representante ou persoas xurídicas: certificación bancaria ou documento de banca electrónica que conteña a seguinte información:

- Nome ou razón social

- CIF/ NIF

- Identificación da conta bancaria (código IBAN/CCC)

DECLARACIONS E COMPROMISOS:

ENTRE OUTROS DEBE,

· Comprométome a realizar un gasto por un importe superior a 3.000,00€, sen ter en conta o IVE deducible, no período comprendido entre o

01/01/2022 ao 30/06/2022, nalgún dos conceptos contables seguintes:

601 Compras de materias primas (en concepto de combustible)

602 Compras de outros aprovisionamentos (en concepto de piensos, cereais e forraxes)

628 Subministracións (en concepto de enerxía eléctrica)