Que vista a convocatoria de paro xeral para a frota artesanal e marisqueo, convocado pola Federación Galega de Confrarías de Pescadores para o VENRES 14 DE MAIO, en sinal de rexeitamento ás imposicións do Novo Regulamento de Control da Unión Europea, escoitado o sector, acórdase secundar dita convocatoria de paro. Por conseguinte, dita frota e mailo marisqueo permanecerán en porto ese día, facendo unha concentración ás 12:00 horas en sinal de protesta a fin de visualizar a afectación que todas estas medidas terán nos nosos buques.
Polo anteriormente exposto, comunicamos:
1.- Organizador: CONFRARÍA DE PESCADORES DE MUROS.
2.- Lugar, data e duración prevista: Peirao Sur do Porto fronte a Lonxa, ás 12:00 horas, cunha duración aproximada de unha hora.
3.- Obxecto da mesma: Concentración de protesta.
4.- Itinerario proxectado: Non está prevista ningunha marcha polas vías públicas. En todo caso, tan só desprazamento e concentración de embarcacións fronte ao peirao da lonxa, facendo a ruta: pantalán de atraque-peirao da lonxa-pantalán de atraque.
5.- Medidas de seguridade: Persoal da propia confraría.