PARO XERAL DA FROTA ARTESANAL E MARISQUEO A PÉ

Que vista a convocatoria de paro xeral para a frota artesanal e marisqueo, convocado pola Federación Galega de Confrarías de Pescadores para o VENRES 14 DE MAIO, en sinal de rexeitamento ás imposicións do Novo Regulamento de Control da Unión Europea, escoitado o sector, acórdase secundar dita convocatoria de paro. Por conseguinte, dita frota e mailo marisqueo  permanecerán en porto ese día, facendo unha concentración ás 12:00 horas en sinal de protesta a fin de visualizar a afectación que todas estas medidas terán nos nosos buques.

 

Polo anteriormente exposto, comunicamos:

 

1.-           Organizador:                                                 CONFRARÍA DE PESCADORES DE MUROS.

2.-          Lugar, data e duración prevista:           Peirao Sur do Porto fronte a Lonxa, ás 12:00 horas, cunha duración aproximada de unha hora.

3.-          Obxecto da mesma:                 Concentración de protesta.

4.-          Itinerario proxectado:            Non está prevista ningunha marcha polas vías públicas. En todo caso, tan só desprazamento e concentración de embarcacións fronte ao peirao da lonxa, facendo a ruta: pantalán de atraque-peirao da lonxa-pantalán de atraque.

5.-          Medidas de seguridade:        Persoal da propia confraría.

 

PARO XERAL DA FROTA ARTESANAL E MARISQUEO A PÉ O DIA 14 MAIO