RESOLUCIÓN DA CONSELLERÍA DO MAR POLA QUE SE CONCEDE UNHA AXUDA AO PROXECTO COLECTIVO “MELLORA DA SEGURIDADE NA DESCARGA E EXPOSICIÓN EN LONXA” PRESENTADO POLA CONFRARÍA DE PESCADORES DE MUROS (NIF G15038508) PARA A MELLORA DA EFICIENCIA ENERXÉTICA, DA PROTECCIÓN DO AMBIENTE, DA SEGURIDADE E DAS CONDICIÓNS DE TRABALLO E DA CALIDADE E DO CONTROL E RASTREXABILIDADE DOS PRODUTOS DESEMBARCADOS DA PESCA, COFINANCIADOS POLO FONDO MARÍTIMO E DE PESCA (FEMP) E TRAMITADA COMO EXPEDIENTE ANTICIPADO DE GASTO.
O 10 de febreiro do 2020, publicouse no Diario Oficial de Galicia (DOG nº 27) a Orde do 19 de xaneiro de 2021 , pola que se establecen as bases reguladoras xerais e a convocatoria para o ano 2021, para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para proxectos colectivos de modernización das infraestruturas dos portos pesqueiros, das lonxas e dos lugares de desembarque, para a mellora da eficiencia enerxética, da protección do ambiente, da seguridade e das condicións de traballo, e da calidade e do control e rastrexabilidade dos produtos desembarcados da pesca, cofinanciada polo Fondo Europeo Marítimo e da Pesca (FEMP).
Polo tanto, en base á proposta de resolución de concesión de axudas formulada pola comisión de avaliación, e ao disposto no marco normativo aplicable, no uso das facultades que me foron delegadas,
RESOLVO:
CONCEDER á Confraría de Pescadores de Muros (NIF G15038508), a axuda para o proxecto colectivo, cos requisitos e condicións que a seguir se sinalan, e a cuxo cumprimento se compromete o beneficiario coa aceptación da axuda.
Denominación |
MELLORA DA SEGURIDADE NA DESCARGA E EXPOSICIÓN EN LONXA |
Nº EXPEDIENTE |
PE209N-2020/18 |
Identificación |
Programa Operativo Español FEMP 2014ES14MFOP001 |
||
|
|
Prioridade 1 |
|
O.E 1.d) Fomento da competitividade e a viabilidade das empresas do sector da pesca, con inclusión da pesca costeira artesanal, e mellora das condicións de seguridade e traballo. |
||
Medida 1.4.9- Portos pesqueiros, lugares desembarco, lonxas e ancoradoiros. |
||
Convocatoria |
Convocatoria 2021 ao abeiro da Orde do 19 de xaneiro de 2021 |
|
Organismo Intermedio Xestión |
Dirección xeral de Desenvolvemento Pesqueiro |
|
Obxecto |
Mellora da seguridade e das condicións de traballo |
|
Ubicación |
Concello: Muros |
Provincia: A Coruña |
I.Plan financeiro
Importe total do proxecto |
23.074 € |
|||
Importe total subvencionable |
23.074 € |
Porcentaxe da subvención |
100% |
|
Importe da subvención concedida |
23.074 € |
|||
Importe público |
FEMP (75%): 17.305,50 € |
C.A. (25%): 5.768,50 € |
||
Importe privado |
0 € |
I.Conceptos subvencionables
ANO 2021.
Concepto |
Importe orzamentado |
Importe subvencionado |
Motivo minoración/non subvención |
EMPILLADOR ELÉCTRICO STOCKLIN EDD12 GALVANIZADO |
16.174,00 € |
16.174,00 € |
|
TRANSPALETA MANUAL STOCKLIN INOX |
6.900,00 € |
6.900,00 € |
|
TOTAL |
23.074,00 € |
23.074,00€ |
|