RESOLUCIÓN DA CONSELLERÍA DO MAR POLA QUE SE CONCEDE UNHA AXUDA AO PROXECTO COLECTIVO “MELLORA DA SEGURIDADE NA DESCARGA E EXPOSICIÓN EN LONXA” PRESENTADO POLA CONFRARÍA DE PESCADORES DE MUROS

Enviado por Cofradia Muros o Xov, 20/01/2022 - 10:25

RESOLUCIÓN DA CONSELLERÍA DO MAR POLA QUE SE CONCEDE UNHA AXUDA AO PROXECTO COLECTIVO “MELLORA DA SEGURIDADE NA DESCARGA E EXPOSICIÓN EN LONXA” PRESENTADO POLA CONFRARÍA DE PESCADORES DE MUROS (NIF G15038508) PARA A MELLORA DA EFICIENCIA ENERXÉTICA, DA PROTECCIÓN DO AMBIENTE, DA SEGURIDADE E DAS CONDICIÓNS DE TRABALLO E DA CALIDADE E DO CONTROL E RASTREXABILIDADE DOS PRODUTOS DESEMBARCADOS DA PESCA, COFINANCIADOS POLO FONDO MARÍTIMO E DE PESCA (FEMP) E TRAMITADA COMO EXPEDIENTE ANTICIPADO DE GASTO.

O 10 de febreiro do 2020, publicouse no Diario Oficial de Galicia (DOG nº 27) a Orde do 19 de xaneiro de 2021 , pola que se establecen as bases reguladoras xerais e a convocatoria para o ano 2021, para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para proxectos colectivos de modernización das infraestruturas dos portos pesqueiros, das lonxas e dos lugares de desembarque, para a mellora da eficiencia enerxética, da protección do ambiente, da seguridade e das condicións de traballo, e da calidade e do control e rastrexabilidade dos produtos desembarcados da pesca, cofinanciada polo Fondo Europeo Marítimo e da Pesca (FEMP).

Polo tanto, en base á proposta de resolución de concesión de axudas formulada pola comisión de avaliación, e ao disposto no marco normativo aplicable, no uso das facultades que me foron delegadas,

RESOLVO:

CONCEDER á Confraría de Pescadores de Muros (NIF G15038508), a axuda para o proxecto colectivo, cos requisitos e condicións que a seguir se sinalan, e a cuxo cumprimento se compromete o beneficiario coa aceptación da axuda.

Denominación

MELLORA DA SEGURIDADE NA DESCARGA E EXPOSICIÓN EN LONXA

Nº EXPEDIENTE

PE209N-2020/18

Identificación

Programa Operativo Español FEMP 2014ES14MFOP001

 

 

Prioridade 1

O.E 1.d) Fomento da competitividade e a viabilidade das empresas do sector da pesca, con inclusión da pesca costeira artesanal, e mellora das condicións de seguridade e traballo.

Medida 1.4.9- Portos pesqueiros, lugares desembarco, lonxas e ancoradoiros.

Convocatoria

Convocatoria 2021 ao abeiro da Orde do 19 de xaneiro de 2021

Organismo Intermedio Xestión

 

Dirección xeral de Desenvolvemento Pesqueiro

Obxecto

Mellora da seguridade e das condicións de traballo

Ubicación

Concello: Muros

Provincia: A Coruña

I.Plan financeiro

Importe      total do proxecto

 

23.074 €

Importe      total subvencionable

 

23.074 €

Porcentaxe da subvención

 

100%

Importe          da subvención concedida

23.074 €

Importe público

FEMP (75%): 17.305,50 €

C.A. (25%): 5.768,50 €

Importe privado

 

0 €

I.Conceptos subvencionables

ANO 2021.

Concepto

Importe orzamentado

Importe subvencionado

Motivo minoración/non subvención

EMPILLADOR ELÉCTRICO STOCKLIN EDD12

GALVANIZADO

16.174,00 €

16.174,00 €

 

TRANSPALETA MANUAL STOCKLIN INOX

6.900,00 €

6.900,00 €

 

TOTAL

23.074,00 €

23.074,00€