NA CONFRARÍA DE PESCADORES DE MUROS CONVOCASE UN PROCESO SELECTIVO PARA O ACCESO AO PERMISO DE EXPLOTACIÓN, MODALIDADE DE MARISQUEO XERAL A PÉ:
A DIRECCIÓN TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DO MAR ven de convocar o proceso selectivo para a obtención de tres (3) permisos de explotación, modalidade de marisqueo xeral a pé, para o exercicio da actividade extractiva no ámbito do plan de xestión da confraría de pescadores de Muros, con suxeición ás bases da convocatoria recollidas no anexo A.
Requisitos das persoas candidatas.
a) Estar empadroada nun concello do litoral de Galicia.
b) Ser maior de 18 anos ou menor emancipada e non superar a idade exixida para ter dereito á pensión de xubilación, na súa modalidade contributiva, conforme o previsto na normativa en materia de Seguridade Social.
c) Non ser perceptora de pensións de xubilación, grande invalidez, incapacidade permanente absoluta, incapacidade permanente total, en favor de familiares ou perceptora da renda de integración social de Galicia. As perceptoras da renda de integración social en Galicia poderán acceder ao proceso de selección, debendo renunciar a ela no momento do outorgamento do permiso de explotación.
d) Non estar incapacitada para exercer os labores de marisqueo
Solicitudes, documentación, prazo e lugar de presentación.
As persoas interesadas dirixirán a súa solicitude ao departamento territorial da Coruña, empregando o modelo que está a disposición na páxina web da Sede Electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal (que tamén se acompaña a
estas bases no Anexo D).
O prazo para a presentación das solicitudes será de quince (15) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no taboleiro de
anuncios deste departamento territorial e na páxina web http://www.mar.xunta.gal.
Asdo. O Patrón Maior
Manuel Daniel Formoso Moledo