ESTA INAUGURACIÓN QUEDA PRORROGADA ATA A SEMANA QUE VEN, PENDENTE DA DATA E HORA CONCRETA QUE COMUNICAREMOS OPORTUNAMENTE:
A CONSELLEIRA DO MAR FARÁ A INAUGURACIÓN OFICIAL da EXPOSICIÓN ARTCYCLING CO LIXO MARIÑO,
onde estarán presentes tamén, a Alcaldesa de Muros, a Directora Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro e Patrón Maior da confraría, así coma os/as compoñentes da Agrupación de Mariscadoras coa súa Presidenta ao fronte.
Acto que se celebrará o XOVES día 23 dos correntes ás 13:30 horas na antiga fábrica conserveira de Sel, situada na rúa Porteliña en Muros, no marco do proxecto conxunto de recollida de lixo mariño, das Confrarías de Muros e O Pindo, financiado polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP).
Nela estará exposto material artístico elaborado con lixo mariño procedente dos bancos marisqueiros de autorización da Confraría de pescadores de Muros, recollido e seleccionado pola Agrupación de mariscadoras/es da Confraría. A elaboración das diferentes pezas corre a conta da Asociación ecoloxista “Mar de Fábula”.
Acto que será público e o cal invitamos a todas aquelas persoas que o desexen, que serán BENVIDOS!!